Ond'o sol facheaba ô amañecer permitirá ao lector mergullarse na vida e obra da Cantora da Ulla , Avelina Valladares Núñez . Unha figura digna de toda clase de eloxios e , por suposto , merecente de ser coñecida e recoñecida como unha das mulleres que participou no rexurdir das nosas letras .
A primeira parte do libro deriva da investigación directa sobe documentación de arquivos e da análise de varios artigos que sobre a vida da poeta foron publicados en distintos xornais . En canto á segunda parte , correspondente á edición da obra da escritora , debemos especificar que existen tres cadernos que levan por título Avelina Valladares y sus poesías . Vilancosta 1902 . Os tres conteñen a obra da escritora e diversos artigos sobre a vida e morte da poeta .