Un libro para valorar a importancia da amizada e a xenerosidade con quen está só.
Raposo organizou unha velada romántica con Loba, pero como lle dá pena que algúns dos seus amigos do bosque ceen sós, decide invitalos. Deste xeito, Curuxa, Lebre, Xabaril, Sapo e algún máis acaban convidados. Cantos amigos virán? Terá comida para todos? Ou haberá un cambio de plans?