–A desaparición dos bebés é un misterio –dixo Berto.
–Queres dicir que non só desapareceu o noso bebé, senón que outros bebés tamén desaparecen? –sorprendeuse Poti.
–Todos. Todos os bebés desaparecen –asegurou Berto.
–Morren? –murmurou Poti.
–Non. Fanse persoas maiores.
“Onde van os bebés?” é unha tenra e entrañable reflexión sobre os primeiros anos da nenez dende o punto de vista daqueles xoguetes que nos acompañaron na etapa inicial da vida e do crecemento, compañeiros de xogos... e de soño