Os Abismos Da Noite Eterna. Volume Iii. A Luz Que Creba A Noite

Autor
Roberto A. Rodríguez
Editorial
Urco Editora
ISBN
9788415699811
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
245
Formato
Rústica
Colección
Rustica
16,00€

Alén das fronteiras do Muro a escuridade medra acubillada nun inverno implacable. A Besta agóchase ladina agardando a súa quenda de comezar a arrasar a vida, namentres a desesperación, a desconfianza e un horror profundo comeza a lañar os espíritos dos guerreiros máis denodados. Balso caeu, del non se sabe máis que foi engulido por unha escuridade famenta. Graguel, o Custodio do Saber Antigo, partiu cara ao sur na compaña de Príamo, rei de Teno, e do valeroso gadeón Terán na incerta procura de forxar unha alianza por milenios esquecida. Atir, a afouta guerreira da Fraga Insondábel, atravesou a derradeira fronteira do norte na compaña de ardénligos, baranos, mestos e ódalos, nun desesperado intento de minguar o poder da Besta antes de que a súa maldade torne invencible. Airem, princesa de Asgra, atravesa Alianza de sur a norte cunha longa e tenebrosa sombra atoldando o seu corazón aterrecido. Namentres Barondor, o traidor de Helémodo, axexa con ollos carniceiros a chegada das patéticas forzas dos homes, relambéndose de pracer ao ventar no seu maxín perverso o olor do sangue inminente. A batalla decisiva achégase. Luz contra escuridade. É a hora de loitar, é a hora de sangrar, é a hora de morrer… para que a vida poida vivir.