Na Idade Media a maioría da xente vivía en aldeas traballando nas súas leiras. Tamén traballaba nas das señoras e os señores dos castelos e mais nas dos frades dos mosteiros, que posuían máis terra que toda a aldea xunta. Naquel tempo Galicia era un reino con reis e raíñas, algúns tan noviños como Afonso VII, que foi coroado aos seis anos !