Sinopse
Este segundo libro colectivo sobre os Castros de Neixón recolle sistematicamente os resultados da investigación interdisciplinar levada a cabo nas campañas de traballo de 2005 e 2006 en dito castro, abranguendo as aportacións dun total de dezaseis investigadores de diferentes disciplinas: arqueólogos, xeomorfólogos, malacólogos, antracólogos, historiadores medievalistas, historiadores modernistas, debuxantes, especialistas en paleometalurxia, investigadores en Historia Antiga, etc. Esta realidade debeuse de xeito sobranceiro á estreita colaboración entre o Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-XuGa), a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia e a corporación municipal do concello de Boiro. O libro constitúe un novo paso na tarefa de difusión e comunicación social do traballo realizado no castro, e constitúe unha materialización do enfoque asumido polo equipo de traballo sobre o que é e debe ser a Arqueoloxía