Arroupada por unha constelación de voces amigas, a palabra celebra a plenitude do amor e do sexo, evoca os momentos atrapados e os obxectos marcados, recoñece a impotencia ante o abandono e a perda, reclama a memoria, contempla as identidades esgazadas, abraza quizais a esperanza. Entoa, en suma, un canto á gallardía.