Sinopse O paso do cometa Halley é o pano de fondo para un sólido traballo de ambientación na década dos oitenta, que xera unha fría escenografía, nada nostálxica, nesta obra para adultos. Os días do cometa contén todos os elementos necesarios para construír unha auténtica crónica negra. Isto vén reforzado pola experiencia xornalística do seu guionista e o gusto polo xénero policial de ambos os autores. Historia de xénero negro. A acción sitúase no rural galego dos anos 80, onde catro amigos da infancia, con roles ben diferentes, conflúen nunha espiral de corrupción e narcotráfico.