Os Espellos Do Tempo

Autor
Vitor Vaqueiro
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498651157
Idioma
Gallego
Nº de páginas
300
Formato
Rústica
Colección
Literaria
19,70€

Sinopse Entre a fotografía, a imaxe e a literatura, a nova novela de Vítor Vaqueiro sitúa os lectores perante unha narrativa que transcribe os fragmentos do real. Como suxire o título, Os espellos do tempo xira ao redor de dúas ideas: a de reflexión, no dobre sentido de pensar e reflectir, e a de simulacro. No interior do texto narrativo conviven dous "eus", un deles é o narrador e o outro unha construción formada por acumulación de diferentes "eus" que acaban por constituír, en verbas do propio Vaqueiro, "un dispositivo frankensteiniano", un personaxe híbrido que podería ser fillo dun estratega que manexase con habelencia as ferramentas de Photoshop. A novela aliméntase de imaxes procedentes da fotografía e do cinema. O individuo fragmentado, característico da sociedade actual, é o punto de referencia a partir do cal o novelista explora as relacións entre fotografía, texto, realidade, verdade e verosimilitude. Os espellos do tempo, amais dun álbum fotográfico, contén un amplo álbum de citas final. Álbum fotográfico e citas que pretenden dar sentido, non só a través dos propios textos citados (e, polo tanto, traídos á memoria do lector), a unha exploración das linguaxes que abala entre texto e imaxes, imaxes e texto, para desvelar as diferentes facianas da realidade