“Os esqueletos divertidos”é unha divertida historia protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun canque saen unha noite a pasear e a asustar a xente. Lonxe de infundir medo, son personaxes simpáticos e alegres que o pasan ben -e os lectores canda eles- xogando, cantando e ata atemorizándoseuns aos outros. Pero os dous primeiros son tan despistados que para reconstruíren os ósos desmontados da súa mascotaarman un tremendo, cómico e melódico lío.