Os Golfiños E O Xigante

Editorial
Baía Edicións
ISBN
9788499952192
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
33
Formato
Cartoné
Colección
Tapa Dura
9,80€

Obra gañadora do XII Premio Barriga Verde de texto para teatro de monicreques modalidade infantil (AGADIC). Co-edición con AGADIC. Pasaron xa dez anos desde que o xigante Bao Xi Xhum salvou dous golfiños do acuario de Fushun dunha morte certa. Por aquel entón, Bao era considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta e, grazas ao seu longuísimo brazo, conseguiu extraer dúas almofadas de piscina do esófago dos golfiños. A nova, publicada en todos os xornais do mundo, chamou a miña atención, non tanto por ter salvado os animaliños, aínda que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de que cada un de nós acepte a súa diferenza e de ser aceptados como somos. Desde aquela, alberguei o desexo de contar con sombras chinesas esta historia, pero para este fin debía mudar a estratexia. Xa non podía partir, como fixera anteriormente, da tradición oral dos contos populares para falar da realidade actual, senón que agora tocaba converter en fábula un suceso do real. Até o momento, fixera do conto unha “cousa” e agora tocaba facer da “cousa” un conto. A solución para esta transformación en fábula veu dada pola propia traxectoria vital de Bao Xi Xhun, un camiño de renuncia á vida social que o levou desde as máis altas cotas de popularidade ao illamento como pastor de cabras na súa aldea mongol. Decidín contar isto como se dunha road movie se tratase onde a protagonista, a domadora do acuario, vai tras as pegadas de Bao por toda a rexión, para o que deberá superar diversas probas. Na súa procura, recibirá a axuda das persoas coas que se cruza no camiño, todas elas fascinadas pola personalidade xenerosa e entrañable do xigante.