OS IRMÁNS DE AMÉRICA

Autor
Prudencio Viveiro Mogo
Editorial
Editotrial Laiovento
ISBN
9788484875413
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
245
Formato
Rústica
Colección
Rustica
19,95€

En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Oro . O obxectivo principal desta entidade era edificar escolas e mellorar a intrucción nos concellos de
Alfoz e O Valadouro . Entre 1921 e 1933 esta sociedade inagurou catro edificios escolares , axudando tamén economicamente á construcción doutras escolas e á dotación das mesmas . Non obstante , ademais do obxectivo escolar , outras foron as angueiras de El Valle de Oro : a mellora das igrexas e a axuda ao agro estiveron tamén entre as súas misións.

Este libro pretende seguir as pistas deste labor a través das pegadas que deixou na prensa . Nas primeiras décadas do século XX a emigración formaba parte da paisaxe cotiá de Galiza . Porén , agás excepcións, a imaxe que chegou a nós da emigración é basicamente negativa . Neste traballo arredámonos desta percepción , para considerarmos a emigración galega - a través do caso do Valadouro - como un proceso histórico que achegou moitas oportunidades para Galiza , axudando á súa modernización e mesmo á súa construcción nacional .