No ano 1497, na cidade italiana de Boloña, Martín de Ferreira asina un libro coas súas memorias no que lembra os feitos que fixeron que pasase de ser un mozo labrego a converterse nun home do renacemento. Xunto ao seu irmán Lopo vivirá, nas terras do Eume, unha intensa aventura marcada por dramáticos acontecementos, nunha época socialmente afogada polo sistema feudal, onde a xente dos pobos e vilas non tardarán en reaccionar aos abusos da nobreza de forma contundente.
Os Lobos de Moeche é a obra fundacional e máis vendida do catálogo de Demo Editorial, supón tamén a primeira obra longa de Manuel Cráneo. Esta nova edición complétase con dúas historias curtas ambientadas na Galiza medieval: Vasco o trovador e A Torre dos mouros.