OS MÉDICOS TAMÉN ENFERMAN

Autor
Martiño Noriega Sánchez
Editorial
Alvarellos Editora Técnica
ISBN
9788418567766
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
123
Formato
Rústica
Colección
Libros do Sarela [creación]
Peso
205 gr
Dimensiones
210 x 140 cm
16,90€

Doce anos despois de exercer como alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois en Santiago de Compostela, Martiño Noriega regresou á súa profesión, a Medicina. Esta primavera publica Os médicos tamén enferman (Alvarellos Editora), unha crónica persoal onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios. Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-Covid, mais tamén está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria. «Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia, despois de moitos anos de sobreexposición pública. Na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar, co exercicio de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron precisamente desa escoita atenta que pode ser parte da cura>>.

libros mas destacados (132) , novedades (71)