Nesta nova aventura dos Megatoxos, Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para evitar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un terremoto devastador. Alí comprenderán o importante que son a familia e os nosos devanceiros, ao descubriren cousas do seu propio pasado. Chegarán a tempo para impedir que unha moza case por obriga cun sinistro nobre, e tentarán poñer a salvo unha alfaia de gran poder. Iso, se unha perigosa banda de ninjas ou un misterioso dragón, non aparecen para mudalo todo.Loitas de poder entre samurais, seres mitolóxicos, amor, traizón... e un Toxo mutante que garda unha chea de sorpresas.