O PULO POR ACADAR A VERDADE, A CRÍTICA DO DOGMATISMO E DAS DIVERSAS FORMAS DE VIOLENCIA OPRESORA, SON AS FORZAS QUE INSPIRAN OS MORTOS DAQUEL VERÁN, PUBLICADA POR CARLOS CASARES NO ANO 1987.
A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da Guerra Civil, pon en marcha unha investigación xudicial escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraodinaria solvencia narrativa.