Como testemuña de primeira fila e dende o inicio da historia, o lector ten a oportunidade de viaxar á contorna rianxeira nun tempo abeirado pola máis selecta cultura. Asistirá, a cabalo deses dous mundos, ao nacemento e nenez dos protagonistas. Así o lector, apelicado dese espírito de superación duns personaxes protagonistas que loitan(poida que sen decatarse) pola música, a lingua e a tradicións galegas, será quen de sentir na súa mesma pel cada soño por cumprir, cada frustración ou cada logro no percorrido.