Sinopse Com consecuencia dun asasinato fortuíto, un mozo descendente de galegos que vive nos ambientes marxinais dos squat (casa ocupadas) e os baixos fondos londinenses vese obrigado a fuxir, cuns amigos ingleses a Galicia:alí vaise decatar de que non é de ningures, nin galego nin londinense e, mentres os seus amigos se integran con relativa facilidade na sociedade galega dunha vila da costa, el sente a necesidade de voltar a Londres, onde vai atopar con que o Lizard, outro dos seus amigos, suplanta a súa personalidade e adopta a súa mesma vida: anda coa súa moza, fai o seu mesmo traballo ás ordes dun gangter de pouca monta. Este dedobramento no que o protagonista acaba sendo espectador de si mesmo, esta presencia dupla, vai a ser constante ó longo de toda a novela