Nun mundo dominado por Normion, a poboación non consegue frear o desexo de morrer. As mortes autoproducidas convertéronse nun andazo que afecta o corazón produtivo do sistema e Normion, a organización que aspira ao control absoluto, non está disposta a que a xente remate coa súa vida. Cada suicidio é sancionado cun duro castigo ao contorno da vítima.