Os Tres Bandidos

Autor
Tomi Ungerer
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484646204
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
48
Formato
Cartoné
Colección
Tras Os Montes
16,00€

“Os tres bandidos” é un clásico contemporáneo da literatura infantil mundial, que foi traducido a máis de 30 idiomas. Dende a súa edición orixinal -publicada en Alemaña nos anos sesenta- ata os nosos días, moitas xeracións de nenos creceron coa historia destes peculiares personaxes, excelentemente caracterizados con seus orixinais atuendos e cun atípico instrumental para cometer falcatruadas. O relato destaca polo seu carácter descriptivo, pola orde narrativa coa que transcorren as accións, pola sinxeleza coa que Tomi Ungerer guía ao lector páxina a páxina. Á comprensión da historia axudan en gran medida as ilustracións: o contraste cromático, a expresividade en cada escea e o aspecto enigmático que caracteriza aos bandidos son os elementos máis salientables. Este libro transmítenos emocións que van dende o medo á tenrura. Os bandidos do conto non coñecen outro mundo que non sexa o de roubar e amedrentar á xente. A irrupción nas súas vidas dunha nena orfa faralles cambiar de rumbo, ao comprender que coa riqueza que acumularan podían axudar a outros nenos necesitados.