Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais. Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza, Asturies, Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia, Inglaterra e sobre todo en Galiza, á marxe de toda épica, para deterse na equívoca actitude dos gobernos británicos fronte ao franquismo.É esta tamén a historia de como guerra e política transforman os seres comúns, como «unha boa persoa» chega a converterse nun infame sen dubidar que está a obrar ben, como a desidia, o medo, a preguiza e a alienación acaban por estragar os nobres ideais. A intervención do marabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando o encadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seres diminutos que enchen os nosos campos, al...