Antón o aviador é un tipo con sorte: cando o seu biplano rematou o combustible e se viu obrigado a aterrar no medio do deserto, o que menos esperaba era dar cun xenio maravilloso disposto a concederlle tres desexos. Pero será este xenio (un pouco rabudo) a verdadeira solución aos seus problemas?