Sinopse Cando Amil vai ó paro, Berta consegue o seu primeiro traballo. Aceptando o triunfo da incerteza desde o comezo da novela, Manuel Darriba logra describir e contarnos as vidas dos seus persoaxes -dous estudiantes, os tripulantes dun helicóptero de salvamento, un policía e a súa filla, unha mestra e mais un camioneiro- de maneira máis eficaz e verídica: un acaba espertando e erguéndose con Carlota mentres alí ó pé segue a durmir un corpo, mentres do outro lado do cristal o sol brilla de xeito inesperado para esas alturas do ano