Outra Idea De España: Mar De Fondo

Autor
Suso De Toro
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497823081
Idioma
Gallego
Nº de páginas
224
Formato
Rústica
Colección
Crónica
18,00€

Sinopse Unha obra que nace dun acto cívico, dun sentido do deber e da civilidade que ten que ver coa ética e só dun xeito oculto e subterráneo coa estética e que pode entenderse próximo ao grupo formado polas súas dúas obras de reflexión anteriores. Deste xeito, con "Nunca máis, Galiza á intemperie" e "Españois todos" falamos de tres libros nacidos da conmoción que supuxo a actuación do goberno de José María Aznar no asunto do Prestige e escritos dende a historia persoal, a memoria do país de noso, a memoria española compartida e as profundas conviccións democráticas e federalistas do autor. Un libro que propón, a través do diálogo, outra idea política de España e de Galicia. Unha ferramenta para abrir un tempo novo para unha sociedade que quere ser aberta e plural, decididamente libre