Xaime Seixas Subirá foi un personaxe singular e orixinal. Deses que non deixaban de chamar a atención pola súa simultánea sinxeleza, bondade e capacidade de actuación. Un xeito de relación cos demais, nos que estes percibían que se interesaba pola vida das persoas e dos grupos sociais, polas súas carencias e necesidades, pola súa liberdade.