Sinopse
Desde Niza, xa na ruína da súa vellez case centenaria, Carolina Otero, La Belle Otero, bota unha ollada atrás e lembra a súa infancia galega e os azorosos episodios do itinerario que precederon á súa chegada a París, sempre perseguindo o seu soño imposible, a súa auténtica paixón: converterse unha afamada cantante de ópera.