Sinopse
Nos últimos lustros, Henrique Rabuñal ten estudado he escrito sobre diversos aspectos da nosa cultura. neste volume recóllense algúns dos máis sobranceiros que son ás veces tamén intervencións do autor en diversos foros de análise do noso teatro, do noso pensamento, da nosa arte. Por iso, os verdadeiros protagonistas deste libro son algúns dos máis senlleiros autores galegos das últimas centurias: desde Sarmiento a Pondal, desde Murguía a Carvalho Calero, desde Lugrís Freire a Luís Seoane, desde Galo Salinas a Blanco-Amor, desde Guerra da Cal a Álvaro Cunqueiro, desde Rafael Dieste ata Ánxel Casal, desde Jenaro Marinhas ata Fernández Ferreiro, nomes propios da verdadeira historia galega.