Sinopse ''Palabra, fogo, alma. Traducir é crear'' inclúe os textos presentados no seminario Internacional de Tradución de Rianxo na edición correspondente ao ano 2004. O presente volume, segunda entrega da serie ensaio de Auliga, un proxecto internacional e interuniversitario elaborado desde Galicia, ofrece traballos de cualificados ensaístas e pensadores do ámbito galego, español e portugués. ''Traducir é tanto como crear'', dinos J. Martí, poeta e estatista deste fondo moderno da esencia humana, porque dar ou pór a a orixe en palabras significa tamén abrir e doar máis liberdade. O tradutor crea, engade o liberador de ritmos e pobos, ''porque o que traduce debe saír de si e pórse onde o autor se puxo, para darlle a cada palabra o fogo e a alma que a farán perdurable''.