Unha homenaxe divertida, intelixente e emocionada ao noso idioma, con incursións polos labirintos do humor e do disparate. Hai nesta novela unha reflexión constante sobre o idioma desde o mesmo proceso de escritura, co propósito de transmitir a magnitude da tensión emocional que as criaturas de ficción experimentan nun ambi ente clausurado e neurótico. O espazo narrativo que exploran estas páxinas é tan pouco convencional como a multiplicidade de situacións creadas, de ópticas narrativas, de accións novelescas que diverxen ou conflúen e de curiosos personaxes que aparecen e desaparecen, que se reencarnan e transmutan