As palabras están a mirarse arredor da mesa abrangue un conxunto de poemas que se moven entre a sobriedade e a intensidade formal. A partir dun verso de Gioconda Belli, o autor exalta a forza da palabra poética nun mundo que precisa dela. Reivindica a necesidade da existencia dos poetas para que artellen espazos nos que o poder da lírica marque os límites dos sentimentos humanos. Unha fonda expresión do amor a través de imaxes poéticas pero, ao mesmo tempo, composicións austeras e directas, que tentan emocionar o lector e permiten distintas relecturas que enriquezan e conmovan.