PALEONTOLOXÍA

Autor
Fátima N. Delgado
Editorial
Editorial Belagua
ISBN
9788412963731
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
77
Formato
Rústica
Colección
Poesía
Peso
120 gr
Dimensiones
14 x 21 x 0,5 cm
16,00€

"Paleontoloxía" é un ritual de invocación, unha homenaxe póstuma coa que a autora nos achega a paisaxe da súa infancia e os clarescuros da súa orixe. Co traxe de arqueóloga posto, escarva nos ósos dos seus devanceiros e desenterra as raíces da súa poética. Asistimos neste libro a un fermoso paseo por unha orografía familiar onde o home traballa na madeira, a muller escorbella verduras e a nena observa. Esta tríade invítanos a atravesar o limiar dun espazo atemporal onde todo é posible. Os avós poñen a lingua, a neta a palabra.