Sinopse
ACHEGAS A MAN
son eu
vir de lonxe
non che ha impedir chegar a tempo
a gramática aprendida das claudieiras
servirache de coartada
tamén o esgotamento
na indiferenza consúmase a máis sutil das posesións
mentres agochas os imáns
haberá quen durma á sombra da ferida
comungando rodas de muíño
gañarán o ceo
por un anaco de redención
nun estado anterior á páxina en branco
pasaron por alto
que o que facían non era enterrar a súa voz
senón chamar ben fonda a súa raíz?