Sinopse
"O paraíso das sombras é unha obra que, presentada co rigor dos versos ordenados en máis de douscentos poemas
non esquece trazar un fío narrativo da estrutura base no que aparece a mítica da Terra Verde e a loita do ben contra o mal que encarnan respectivamente os fillos da chuvia e os homes sen rostro. Pero é, sobre todo, a obra madura dun gran poeta que filtra e cataliza a través da súa mirada o diálogo de moitas voces colectivas