Na linguaxe dos gamers, a mecánica da Partida Salvada permite conxelar o curso dunha longa sesión durante un tempo indeterminado ata que o xogador poda volver a retomar o mando.
No ano 2028 -un futuro tan próximo que podería ser hoxe mesmo- a lingüista Julia traballa contra reloxo para documentar os últimos vestixios dunha linguaxe en vías de extinción que resiste, aínda, na fráxil memoria dunha anciá afectada de Alzheimer. Trátase do idioma galego.
Corenta e dous anos antes (1986), en Santiago de Compostela, o programador de videoxogos Paco e o seu inseparable compañeiro: o debuxante Miguelanxo, viven coa máxima intensidade a denominada Época Dourada do Videoxogo Español, traballando para a compañía Ópera Soft, pioneira no sector durante os anos nos que España marcou a tendencia internacional neste campo.