Pensa Nao

Autor
Anxo Angueira
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483024676
Idioma
Gallego
Nº de páginas
192
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
17,00€

Sernanselle é aldea de Dodro Vello dende a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés de Arousa. Esta é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico. Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política