Pensamentos Impuros

Autor
Xurxo Borrazás
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483028599
Idioma
Gallego
Nº de páginas
224
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
16,65€

Pensamentos impuros inscríbese na tendencia literaria daqueles autores que non só afirman ter dificultades para distinguir entre ficción e realidade, senón que cuestionan o dominio da vixilia sobre o soño e sosteñen que non paga a pena diferenciar entre soños, memoria e imaxinación. Esta obra de Borrazás, tan inclasificable coma o fora "O desintegrista", coa cal establece puntos de contacto ben visibles, sitúase á mantenta nun territorio que semella cotián e inmediato, de xeito queos seus personaxes poderían confundirse con calquera lector ou lectora, se non nos afastamos dunha determinadas coordenadas socioulturais. A voz principal de "Pensamentos impuros" (quizais unha voz dobre) pode reflexionar e ser crítica, pero non modificar substancialmente as poderosas forzas que actúan sobre nós e recompoñen outra vez o escenario global da convivencia