Pension De Eva, A

Autor
Andrea Camilleri
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788482888248
Idioma
Nº de páginas
152
Formato
Rústica
Colección
Biblioteca compostela de narrativa europea
15,50€

Un dos autores italianos de maior prestixio internacional é o siciliano Andrea Camilleri. Con A pensión Eva, Camilleri abandona temporalmente o seu aclamado personaxe do inspector Montalbano e entrega aos lectores e lectoras unha novela memorable sobre a infancia e a adolescencia na Sicilia da Segunda Guerra Mundial. Editorial Galaxia edita a novela en galego dentro da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que publica en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago. Durante os anos da Segunda Guerra Mundial, os cuartos da Pensión Eva, na vila siciliana de Vigatà, convértense en refuxio dos seus habitantes. Ademais, esa estraña "pensión" é unha presenza misteriosa para Nenè, un rapaz que, ata que logra penetrar na casa, non esperta á vida completamente. A pensión Eva é unha novela de iniciación á vida, á descuberta do sexo, do amor e da amizade nos tempos duros e sen esperanza da guerra. Mentres homes e mulleres matan e morren, ao redor da Pensión Eva concéntrase a historia íntima do pobo siciliano. Unha historia que se personifica no espertar da curiosidade dun rapaz polo sexo e remata coa descuberta do amor, nun intento por entender o mundo e chegar a saber que é o que realmente importa. Un espazo prohibido, o da pensión, que esconde as fantasías eróticas e tamén as arelas dunha sociedade atormentada pola guerra e o fascismo. Camilleri sorprende cunha novela tenra que non evita certa crueldade, e que engaiola polos personaxes, moi próximos aos das películas de Fellini, nos que a aparente tolería agacha, en realidade, unha inmensa verdade.