Pericle O Negro

Autor
Giuseppe Ferrandino
Editorial
Rinoceronte Editora
ISBN
9788493480189
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
132
Formato
Rústica
Colección
Colección contemporánea
11,90€

Giuseppe Ferrandino (Ischia, 1958) vive en Roma, aínda que pasa longas temporadas en Chicago. Pericle o Negro, a súa primeira novela, publicouse por primeira vez en Italia en 1993 e pasou inadvertida ata a súa tradución ao francés, momento en que se volveu publicar no seo dunha nova editora e se converteu nun éxito comercial. Ferrandino describe con crueza e sen paixón o mundo da camorra napolitana cun ritmo seco, unha linguaxe espida e uns personaxes caracterizados cunha profundidade completamente descoñecida nos clixés impostos no xénero negro. Pericle, sicario do mafioso napolitano Luigino Pizza é un home sen ambición, sen grandes calidades, sen cultura. Realiza un traballo que desempeña sen paixón, sen vontade. De feito, é o traballo máis baixo mesmo na camorra: “O meu oficio consiste en darlle polo cu á xente; deixo inconsciente á persoa cun saquiño de area, átolle os pulsos preto dos pés a carranchapernas dunha cadeira ou dunha mesa, e despois uso crema antibiótica para facer esvarar ben a pirola”. Pericle recibe o encargo de axustarlle as contas a un crego correoso e vese involucrado involuntariamente nun groso asunto da mafia. A súa vida cambia, comprende o mundo que o rodea, o que é, o que fai, pero non porque tome conciencia, senón só para salvar a vida.