Quen pense que a permacultura ten que ver con disposición da horta, baños composteiros ou bioconstrución, está no bo camiña, pero non atopará aquí o típico libro de permacultura, senón un libro que vai máis alá e cuxa esencia é nutrir e espallar a visión dunha permacultura integral e práctica que nos axudará a tomar consciencia dos retos actuais, a avaliar axeitadamente as nosas posibilidaddes e a buscar redes.
Desde as experiencias persoais e unha traxectoria profesional activa e activista no eido da permacultura e a transición ecosocial, Alexandre Grande Babarro présentanos nesta obra unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor. Completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos vivos en Galicia (actualizados nesta 2ª.ed revisada) que se basean, dun xeito máis ou menos consciente, nos principios permaculturais e que nos propoñen respostas reais e viables ás crises ecolóxica e sitématica mundiais.