Tratado de botánica do amor, que versa sobre as diferentes especies que resisten as perdas e desastres de todo tipo, porque son primitivas, ou sobre as especies invasoras que se apoderan do noso corazón e non atopamos o modo axeitado de destruílas. Unhas, resistentes, e outras, invasoras, tentan sobrevivir nunha paraxe que é abrupta e boscosa, fermosa e crúa ao mesmo tempo.