Sinopse
Peter Pan existe desde hai moito tempo, aínda que sempre ten a mesma idade, e en definitiva tampouco importa moito. Peter non ten máis dunha semana, aínda que naceu hai moito nunca celebrou un aniversario, nin probablemente o ha celebrar. A razón disto é que deixou de existir como ser humano cando tiña sete días. Fuxiu pola ventá e regresou voando ós xardíns de Kensington.