Pico Sacro Ferido Polo Lóstrego E A Lenda

Editorial
Alvarellos Editora Técnica
ISBN
9788416460151
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
319
Formato
Rústica
Colección
Rustica
19,00€

Sinopse 90 AUTORES E AUTORAS ARREDOR DESTE SIMBÓLICO MONTE. Se hai un cumio ou monte mítico, simbólico e histórico a un tempo, en Galicia, este é o Pico Sacro. Elévase garboso ao leste de Compostela, no Concello de Boqueixón, a 533 metros de altitude. Este libro reúne a obra de noventa autores e autoras arredor desta cima única. Unha edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, responsables dun traballo pioneiro: recompilaron textos clásicos, históricos —algúns ben coñecidos, outros moi pouco divulgados ata hoxe— e puxéronos a dialogar con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actuais. Dende o Rexurdimento ata os nosos días, o Pico Sacro foi constante invocación literaria, e esta obra é a proba evidente. Poemas, relatos, ensaios, crónicas xornalísticas, ata contos infantís... “Historia e ficción mestúranse aquí nun binomio inseparable”, sinalan os artífices desta convocatoria. Subamos pois ao Pico Sacro. E academos, dende Galicia, o universo enteiro. Un universo escrito que se desprega en cada unha destas páxinas.