Planilandia

Autor
Edwin A. Abbott
Editorial
Urco Editora
ISBN
9788493955434
Idioma
Publicado
2014
Nº de páginas
160
Formato
Rústica
Colección
Rustica
14,00€

«Vós, que gozades da sombra ademais de gozar da luz, que estades dotados de dous ollos, tedes un coñecemento da perspectiva e o privilexio de gozar de diversas cores… vós podedes ver realmente un ángulo e contemplar a circunferencia completa dun círculo na feliz rexión das tres dimensións». Planilandia, unha novela de moitas dimensións é o libro ideal para se iniciar nos rudimentos da xeometría dimensional, mais tamén é unha sátira dos valores sociais, morais e relixiosos da Inglaterra vitoriana. Cun estilo lóxico e moi áxil, Abbot conta as aventuras e desventuras dun Cadrado que vive en Planilandia (un mundo de dúas dimensións) e ten a fortuna (ou a desgraza) de chegar a coñecer o mundo das tres dimensións.