PLANTAS MEDICINAIS E REMEDIOS CURATIVOS DA ETNOBOTÁNICA GALEGA

Autor
Rafael Quintiá
Editorial
Ab Origine. Edicións
ISBN
9788412911138
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
275
Formato
Rústica
Colección
Divulgación
Dimensiones
160 x 230 x 20 cm
25,00€

O antropólogo Rafael Quntía e a profesora Pilar Silva combinan nesta obra o seus coñecementos etnográficos e fitoterapéuticos para ofrecernos un completo manual práctico de medicina herbolaria galega no que se dan a man a tradición e os coñecementos en fitoterapia máis recentes. O presente libro afonda nos saberes etnobotánicos galegos e revisa e actualiza os coñecementos e usos tradicionais das plantas medicinais para crear un manual dos seus usos terapéuticos. "Plantas medicinais e remedios curativos" aborda de forma rigorosa todos os pasos para crear a túa propia botica herbal na casa. Unha auténtica guía para a identificación das plantas curativas, a súa recolección, secado e procesado, asi como un completo receitario de remedios herbais clasificados por doenzas e un amplo catálogo de plantas medicinais de propiedades e usos terapéuticos cientificamente contrastados. En definitiva, unha obra imprescindible para as persoas que queiran iniciarse no coñecemento e uso serio e eficaz das herbas medicinais en Galicia. Unha forma de reconectar cos saberes ancestrais na procura da saúde e do benestar a través dos dons da natureza.
libros mas destacados (165) , novedades (119)