Alberto Varela volve á banda deseñada de carácter histórico cunha obra ambientada na epoca da Transición. Pepe Pardiñas e un emigrante galego retornado de Suíza con coñecementos do mundo da ufoloxía e do paranormal. En pleno debate político entre reforma e ruptura, Pardiñas será quen de albiscar como pode ser o futuro de Galicia e da humanidade.