Poemas Chika Sagawa (Galego)

Autor
Chika (1911-1936) Sagawa
Editorial
Rinoceronte Editora
ISBN
9788417388492
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
72
Formato
Rústica
Colección
Poesia
12,00€

Na poesía de Chika Sagawa predominan os elementos da natureza, os animais, as partes do día e o paso do tempo, a vida urbana da cultura occidental como oposición e, por suposto, a presenza da morte. A súa temática, carente de connotacións femininas, dista moito das poetisas xaponesas da súa época, e emprega convencións modernistas, que tratan de romper coa idea de que a linguaxe debe ser un cristal claro e transparente. A poesía de Sagawa posúe unha grande influencia da pintura e das artes visuais, así como das formas do verso libre que rompía coas estruturas tradicionais xaponesas. O trato coa terra e a veneración á natureza presentes nos seus poemas, propios da cultura xaponesa de hai un século, resultarán familiares á sociedade galega.