Poesía

Autor
Marcial Valladares
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497820103
Idioma
Gallego
Nº de páginas
280
Formato
Rústica
Colección
Biblioteca Das Letras Galegas
15,80€

Sinopse A faceta de poeta de Marcial Valladares (Vilancosta, A Estrada 1821-1903) aparece na historia da literatura galega frecuentemente escurecida pola súa outra actividade literaria como narrador. Non obstante, debemos ter presente que o autor de “Maxina ou a filla espúrea” (escrita en 1870 e publicada en 1880) compuxo arredor de medio cento de composicións poéticas que, aínda que de desigual calidade, presentan como mérito o feito de seren precursoras no uso do galego nos primeiros tempos do rexurdimento literario. Sen dúbida, as súas primeiras composicións poéticas, de 1844, 1845 e 1846, a súa primeira manifestación literaria reflectida en poemas como “A un paxariño”,xunto ás pezas de Alberto Camino, sitúan ao escritor da Estrada como un dos fundadores da nosa Renacencia literaria. A presente edición da obra poética en galego de Marcial Valladares, preparada por Xosé A. Fernández Salgado, profesor da Universidade de Vigo e especialista na obra de Marcial Valladares, sobre quen preparou a súa tese de doutoramento, recolle medio cento de composicións escritas por Valladares ao longo de case medio século, dende 1844 a 1891. Ofrécese, pois, por vez primeira, un volume que compila as súas poesías dispersas por xornais e publicacións da época, e algunha outra inédita. Precursor, como Francisco Añón ou Alberto Camino, os primeiros poemas de Valladares traslocen os sentimentos e sensibilidades das vivencias persoais, e son debedoras das formas e temáticas románticas propias da altura do século. Non obstante estes versos comparten presencia cos de asuntos costumistas, que se tinguen ás veces de leves críticas sociais, e con outros tipicamente populares en formas e motivos