Sinopse
Emilio Álvarez Blázquez (Tui, 1919-Vigo, 1988), quinto membro da familia Álvarez Blázquez é unha figura a reivindicar, tanto polos valores intrínsecos da súa obra poética e narrativa como polas dimensións que acadaron o seu fondo humanismo e as súas insubornables conviccións galeguistas. Este libro reúne os seus poemarios coñecidos –Poemas de ti e de min (1949) e O tempo desancorado (Poemas para María Blázquez) (1988)– e tamén, por vez primeira, un abondoso conxunto de composicións dispersas e inéditas, xunto cunha escolma de prosas galegas da súa autoría (algunhas tan importantes como “Terra de matute ara Castelao”), rematando cun apéndice onde se reproducen diversos textos que contribúen a explicar os valores da súa creación literaria. A presente edición ábrese cun limiar de Xesús Alonso Montero, auténtico incitador deste volume, que ao tempo é un significativo estudo arredor da faceta humana e literaria de Emilio Álvarez Blázquez. Ademais, do rigorso estudo literario e mais da fixación dos textos responsabilizouse o poeta e ensaísta Miro Villar