Sinopse Sotelo Blanco, da boa man de Andrés Pociña e Aurora López, preséntanos o segundo volume da obra completa da nosa poetisa máis internacional, contendo os cinco libros de ''Follas Novas'', nove poemas soltos (''Xuizo do ano'', ''D'aquí vexo os seus campos'', ''De Galicia os cimiterios'', ''Unha boda n'aldea'', ''Ora detente estranxeiro'', ''En el abanico de Emilia Pardo Bazán'', ''Dend'as fartas orelas do Mondego'', ''Non sei se me ules a rosas'', ''Tes unha frente de Apolo'') e as traduccións de Cantares de Ruiz Aguilera feitas por ela.