Polbo Xigante, Un

Autor
Carlos Casares
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788482883878
Idioma
Gallego
Nº de páginas
35
Formato
Cartoné
11,50€

Sinopse Con esta historia graciosa e á vez simbólica do mundo da beiramar, fermosamente ilustrada chíscanos un ollo, entretennos, divírtenos e dános que pensar, botando man do mellorciño da nosa tradición oral. É a historia dun rapaz que un día ve cómo un polbo xigante arrastra o criado Nicolás para baixo do mar, levándoo, polo que parece, canda si para sempre. E é tamén a historia da vella Delfina, que di que o pillabán do Nicolás só foi a unha festa, atraído pola música e animado por un xastre disfrazado de polbo. Pero as aparencias enganan -ou non, que nunca se sabe- e o desenlace sorprende. En resumidas contas, eis un libro como unha xoia ou, mellor, como unha comida saborosa, completa, pero lixeira e dixestiva.